O IES Perdouro de Burela estrea a campaña escolar Mares de Cultura | Noticias
Noticias

fullsizerender-3
1

O IES Perdouro de Burela estrea a campaña escolar Mares de Cultura

No día de onte, o IES Perdouro de Burela comezou as actividades da campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.

Despois de recibir a charla no propio centro educativo a cargo de Carlos Gil, biólogo mariño a bordo desta expedición, visitaron a granxa de coral Reef Water en Viveiro, o Museo do Mar e a Carpintería de Ribeira Francisco Fra en San Ciprián.

fullsizerender-3A granxa de coral Reef Water é unha instalación única a nivel nacional e é unha das grandes novidades para a campaña escolar deste ano.

 

fullsizerender-2  img_0237

img_0238

img_0236O Museo do Mar de San Ciprián foi unha das visitas máis solicitadas nas anteriores edicións, e este ano volve ser un referente na divulgación dos recursos pesqueiros e do patrimonio mariñeiro do noso territorio.

 

fullsizerender

img_0240Francisco Fra, ábrenos un ano mais, as portas da súa Carpintería de Ribeira para mostrarnos como se traballa e como se constrúen embarcacións de madeira de xeito tradicional.

Carlos Gil • 27 octubre, 2016


Previous Post

Next Post

Comments

  1. IES Perdouro 29 octubre, 2016 - 21:20 Reply

    Noraboa polo programa. Pasamos unha mañá moi divertida e aprendemos moito. Queremos agradecer a Reef Water por abrirnos as súas portas e o seu amable trato, (Vanesa Rodríguez e Luis Vigo), a Paco Fra por atendernos con tanto cariño na súa enxenbre carpintería de ribeira de San Cibrao e, a Ángeles e Amelia pola súa calurosa acollida no Museo do Mar de San Cibrao.
    Saúdos.

Deja un comentario

Your email address will not be published / Required fields are marked *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

 

   
     

 

info@maremasma.com
Síguenos
   
982 885474 // 659 167197 twitter  
 
     
     
Proyecto financiado por
 
Copyright © Maremasma 2014