Comeza “Mares de Cultura os Nenos e o Mar”!! | Noticias
Noticias

banner3_mares_de_cultura
0

Comeza “Mares de Cultura os Nenos e o Mar”!!

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, preséntase nesta terceira edición como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante todo o calendario escolar 2016-2017. Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

7

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal, en total 2500 escolares dos seguintes municipios:

Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Barreiros, Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Cervo, Xove, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño e Somozas.

 

Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:

 

  • Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzó educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.
  • Xornada de excursións e actividades: Nesta edición contamos cun total de 24 actividades entre as cales destacan varias novidades de gran interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.
  • Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2016-2017: Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademáis nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións den a súa perspectiva sobre o mar. Para participar no concurso “Mares de Cultura 2016-2017” ver bases do concurso no documento adxunto, na páxina web do GALP-1. A(s) clase(s) gañadoras do concurso “Mares de Cultura 2016-2017” poderán disfrutar dun fin de semana de actividades – 3 días e 2 noites – en servizo de pensión completa, con monitores acompañantes , no albergue Anchor en Foz ou no albergue Surf & Breakfast en Valdoviño.

 

Nesta terceira edición temos un total de 24 actividades divididas en dúas áreas xeográficas A Mariña e Ortegal:

  • Visita ás mariscadoras e a reserva Mariña da Ría de Cedeira.
  • Visita á lonxa de Cedeira.
  • Visita á Asociación de Redeiras de Cariño.
  • Visita á Lonxa de Cariño.
  • Visita á Cetaria A Balandra en Cariño.
  • Visita á fábrica de Conservas La Pureza en Cariño.
  • Limpeza de praias.
  • Ruta  da natureza Ría de Ortigueira.
  • Ruta de observación de aves en Estaca de Bares.
  • Museo Mares de Cedeira.
  • Visita o criadero de coral Reef Water en Viveiro.
  • Visita á Lonxa de Celeiro.
  • Visita ao Museo provincial do Mar en San Cibrao.
  • Visita á Carpintería de Ribeira Francisco Frá en San Cibrao.
  • Visita ás redeiras de Burela.
  • Visita á peixería turística O Almacén do Peixe no Porto de Burela.
  • Visita á lonxa de Burela.
  • Visita ao Barco Museo Reina del Carmen en Burela.
  • Obradoiro de especies invasoras.
  • Ruta polas praias e as marismas da Ría de Foz.
  • Obradoiro de Navegación a Vela no Clube Náutico de Foz.
  • Ruta en Kaiak en Foz.
  • Curso de iniciación ao Surf
  • Visita ao CECUMAR- Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

Carlos Gil • 29 septiembre, 2016


Previous Post

Next Post

Deja un comentario

Your email address will not be published / Required fields are marked *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

 

   
     

 

info@maremasma.com
Síguenos
   
982 885474 // 659 167197 twitter  
 
     
     
Proyecto financiado por
 
Copyright © Maremasma 2014